Servicio Técnico Oficial Whirlpool

Único Servizo Técnico Oficial Whirlpool

Repostos orixinais

Prezos homologados

Técnicos autorizados

Repostos orixinais

Prezos homologados

Técnicos autorizados

Confíe no Servizo Técnico Oficial de Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra

Asegúrese un bo resultado!

A compra dun electrodoméstico sempre adoita ser un desembolso importante de diñeiro para a economía familiar. É por iso que, se a súa lavadora Whirlpool presenta avarías, se necesita a reparación do lavalouza ou da neveira ou está buscando un técnico para a súa cociña, non dubide en poñerse en contacto cos profesionais que formamos o equipo de Víctor S.A.T. en Santiago de Compostela.

Grazas ao noso bo facer e á grande experiencia na reparación de electrodomésticos convertémonos en Servizo Técnico Oficial Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra e, polo tanto en todos os municipios que a conforman destacando, a nosa ubicación.

Como non podía ser doutra maneira ao ser un SAT Whirlpool, na reparación de calquera electrodoméstico utilizamos só recambios oficiais que nos poidan garantir a calidade do arranxo e, por suposto, aumentar a vida útil do aparato conseguindo un grande aforro para o cliente.

Dentro dos aparatos que reparamos podemos destacar, por exemplo, cociñas, microondas, lavadoras, lavalouzas, neveiras, secadoras... E entre as marcas coas que traballamos atoparás Indesit, Hotpoint, Ignis, Wpro... Necesítasnos? Non dubide en poñerse en contacto!

Incluye garantía de reparación de 3 meses

Opte por Víctor S.A.T. para a reparación dos seus electrodomésticos Whirlpool

Repostos oficiais

Unha das grandes vantaxes de ser servizo técnico Whirlpool é que en todos os traballos de reparación que realizamos empregamos unicamente pezas e recambios da propia marca. Isto significa que o aparato contará cos mesmos compoñentes cos que se fabricou polo que sempre garantirá o seu funcionamento e, polo tanto, a súa compatibilidade para que a duración do arranxo sexa de moito anos.

Técnicos autorizados

Os profesionais que formamos o SAT Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra contamos cunha formación específica que está supervisada pola marca. Na nosa empresa atopará un equipo en continua evolución para coñecer os novos aparatos electrónicos desta marca e, por suposto, aprender a solucionar as novas avarías ou problemas que poidan xurdir neles para ofrecer o mellor servizo ao cliente.

Prezos homologados

Os presupostos para as reparacións dos electrodomésticos son prezos homologados pola propia marca. Isto quere dicir que en Víctor S.A.T. sempre ofreceremos os nosos clientes a mellor relación calidade/prezo xa que non temos que aumentar o valor dos recambios xa que dispoñemos deles directamente da marca. Quere arranxar o seu electrodoméstico Whirlpool ao mellor prezo? Chámenos!

Atención personalizada

Sabemos que as avarías que poden aparecer nos electrodomésticos poden ser moitos e moi variados por iso sempre ofrecemos unha atención personalizada nas instalacións do noso servizo técnico Whirlpool en Santiago de Compostela. Como falamos somos o único centro SAT Whirlpool na provincia da Coruña e norte de Pontevedra polo que ofrecemos os nosos servizos a clientes de todos os municipios.

Que electrodoméstico necesita servizo técnico Whirlpool?

Microondas

Microondas

O seu microondas xa non quenta como o facía antes? O reloxo deste electrodoméstico non funciona polo que non pode programar os minutos? É o momento de poñerse en contacto cun servizo técnico de microondas Whirlpool como Víctor S.A.T. Debido á nosa experiencia ofrecerémoslle aos nosos clientes unha información transparente para que saiban se o arranxo do microondas merece la pena ou non dependendo da avaría que presente ou da peza que haxa que cambiar.

Hornos

Fornos

Entre as avarías máis comúns nos fornos Whirlpool podemos destacar, por exemplo, que xa non quente ou que teña unha avaría nos relés de seguridade. Se o seu presenta algúns destes problemas ou calquera outro non dubide en poñerse en contacto co noso servizo técnico oficial Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra e nos encargaremos de trasladarnos ao seu domicilio para reparar o electrodoméstico do xeito máis inmediato posible.

Frigoríficos

Frigoríficos

Na actualidade é impensable vivir sen neveira por iso dende Víctor S.A.T. en Santiago garantimos aos nosos clientes que repararemos calquera tipo de avaría que teña no seu frigorífico de maneira rápida. A reparación de neveiras Whirlpool adoita ser sinxela polo que nós nos encargaremos de trasladarnos ao seu domicilio para que poida utilizala de novo e non perda os alimentos que se encontran no seu interior.

Lavalouza

Lavalouza

A vaixela sae con restos tras terminar o lavado e ten que repasar os pratos e vasos un a un? O lavalouza chegou aos nosos fogares para facilitar as tarefas de limpeza polo que seu presenta avarías o importante é arranxalas canto antes. Ao ser un electrodoméstico de gran tamaño o noso equipo de reparación trasladarase á súa vivenda e, se é posible, farán o arranxo in situ no menor tempo.

Lavadoras

Lavadoras

As lavadoras son aparellos que se empregan case a diario nunha vivenda polo que é lóxico que poidan aparecer diferentes avarías. Se ten unha lavadora Whirlpool que presenta problemas como que a colada sae moi húmida ou que fai moito ruído durante o seu funcionamento recomendámoslle que se poña en contacto connosco para conseguir reparala canto antes e non ter que comprar unha nova.

Cocinas

Cociñas

Cada vez son máis as familias que decidiron instalar nas súas vivendas cociñas eléctricas. Isto é así porque, ademais de ser moito máis cómodas de limpar, son tamén moito máis seguras que as de gas. Como servizo técnico de cociñas Whirlpool encargarémonos de reparar todas as avarías que presenten sempre empregando recambios oficiais para garantir o seu funcionamento e aumentar a súa vida útil por moitos anos máis.

Secadoras

Secadoras

A día de hoxe nos fogares instálanse moitas máis secadoras de roupa xa que os espazos son reducidos e non existen zonas para poder tender ben a coada. Os problemas máis comúns nas secadoras e que máis arranxamos na nosa empresa son, por exemplo, que a roupa non salga o suficientemente seca, que os filtros do aparello estean obstruídos, que non se poida abrir a porta, que o ventilador estea avariado...

En que lugares dispón do noso servizo técnico Whirlpool?

Grazas a que somos Servizo Técnico Whirlpool na Coruña ofrecemos o noso servizo en toda a provincia e no norte de Pontevedra. É por iso que, independentemente de se vive en nunha ou outra localidade non dubide en visitarnos na nosa empresa de reparación de electrodomésticos en Santiago para que reparemos o aparello que teña con todas as garantías da marca xa que empregamos repostos oficiais.

Ademais de traballar na provincia da Coruña tamén contamos con clientes do norte da provincia de Pontevedra.

Teña ou non garantía do electrodoméstico, desfrutará do servizo técnico oficial

981 584 392

Estas marcas tamén pertencen ao servizo técnico Whirlpool

Indesit

Indesit

Somos servizo técnico Indesit, unha das marcas máis importantes dentro da compañía Whirlpool. É por iso que se precisa reparar, por exemplo, un lavalouza ou unha lavadora desta marca non dubide en poñerse en contacto con Víctor S.A.T. Lembre, ademais, que temos á venta recambios e repostos Indesit.

Hotpoint

Hotpoint

Como non podía ser doutro xeito en Víctor S.A.T. tamén somos servizo técnico Hotpoint na Coruña e norte de Pontevedra. Nesta firma atopará todos os electrodomésticos que precisa para equipar a súa cociña: lavadoras, secadoras, lavalouzas, frigoríficos, microondas, batedores...

Servicio técnico de Bauknecht en A Coruña e norte de Pontevedra

Bauknecht

Como único servizo técnico de Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra, tamén contamos con Bauknecht, un dos principais fabricantes de electrodomésticos en Alemaña dende 1989. Contamos coa calidade e o respaldo das grandes marcas de Whirlpool para ofrecer o mellor servizo técnico a todos os nosos clientes.

Ignis

Ignis

Ignis é unha marca recoñecida pola súa innovación e calidade en electrodomésticos. En Víctor S.A.T., comprendemos a importancia de manter estes estándares. O noso equipo de técnicos certificados está altamente capacitado nas especificacións e tecnoloxías de Ignis, o que nos permite ofrecer un servizo de precisión.

Wpro

Wpro

Whirlpool é unha marca líder en electrodomésticos, coñecida pola súa innovación, durabilidade e eficiencia. Para asegurar que os seus electrodomésticos funcionen sempre como novos, é fundamental utilizar produtos específicos de mantemento e reparación como os que ofrece Wpro.

Así será o proceso de reparación do seu electrodoméstico Whirlpool

Diagnóstico

Analizamos a avaría que presenta o electrodoméstico para indicarlle ao cliente que é o que lle pasa e que tipo de reparación debemos realizar. Neste punto ofrecémoslle un presuposto a medida do cliente.

Reparación

Se o cliente quere reparar o electrodoméstico os nosos técnicos oficiais da marca procederán a realizar a reparación sempre empregando repostos e peza oficiais.

Verificación

Tras acabar o traballo e moitas veces en presenza dos nosos clientes realizamos a comprobación e verificación para poder garantir que o electrodoméstico non presenta fallos.

Elíxanos como o seu servizo técnico oficial Whirlpool na Coruña e norte de Pontevedra

Por que escoller Víctor S.A.T. para a reparación de electrodomésticos Whirlpool? Podemos destacar diferentes razóns; a primeira delas é que somos servizo técnico oficial desta marca e polo tanto só utilizamos recambios da mesma. Outra delas é que reparamos todo tipo de reparacións independentemente do seu tamaño e da avaría que teña.

981 584 392