Reparación de pequeños electrodomésticos en Santiago

Reparación de pequenos electrodomésticos en Santiago

Cales son os pequenos electrodomésticos?

Os pequenos electrodomésticos tamén chamados "PAE" son aqueles que nos fan a vida máis cómoda e fácil no noso fogar. Este tipo de aparellos hoxe en día están tan integrados na nosa vida cotiá que sería moi difícil prescindir de algún deles nas nosas tarefas diarias.

Moitas veces non nos damos conta da cantidade de electrodomésticos que empregamos cada día pero, se nos paramos a pensar, podemos facer unha longa lista dende que nos levantamos e preparamos o almorzo ata que nos secamos o pelo antes de deitarnos.

Se ten algún electrodoméstico avariado, antes de comprar outro, o importante e imprescindible é poñerse en contacto cunha empresa de reparación xa que, ademais de aforrar diñeiro, tamén conseguiremos aumentar a vida útil do aparello e coidar do medioambiente.

Algúns dos PAE que utilizamos de xeito diario

  • Microondas
  • Deshumidificadores
  • Aspiradores
  • Pranchas
  • Cafeteiras
  • Torradoras
  • Máquinas de afeitar
  • Depiladoras
  • Secadores
  • Pranchas do pelo
  • Licuadoras
  • Máquinas de coser

... e moito máis!

¿Cuáles son los pequeños electrodomésticos?

Somos servizo oficial das primeiras marcas do mercado

Polty
Delongui
Braun
Techwood
Kitchen Aid
Remington
Babyliss
Russell Hobbs
Beko
Whilpool
Averías más comunes en los pequeños electrodomésticos

Avarías máis comúns nos pequenos electrodomésticos

Como ocorre cos grandes electrodomésticos que forman parte da liña branca ou liña marrón estes aparellos poden presentar diferentes avarías. Entre as máis comúns que chegan á nosa empresa de reparación de electrodomésticos en Santiago podemos destacar:

  • Problemas no motor
  • Erros á hora de cargar la batería
  • Acumulación de po
  • Problema no aceso ou apagado
  • Erros nas conexións
  • Rotura dalgunha peza

Solucións rápidas e sinxelas para os seus aparellos

Víctor S.A.T convertémonos no servizo técnico oficial das mellores marcas do mercado polo que lle daremos unha solución rápida e sinxela ao seu problema empregando sempre repostos orixinais.

Dende a nosa empresa traballamos para ofrecer unha asistencia inmediata, un servizo urxente e rápido para amañar calquera avaría que poida ter nos seus pequenos electrodomésticos.

Grazas á nosa experiencia no sector podemos garantir que lle ofrecemos a mellor relación calidade/prezo á hora do amaño de calquera tipo de aparello eléctrico.

Leve o seu pequeno electrodoméstico a Víctor S.A.T.

Na nosa empresa de reparación de electrodomésticos en Santiago de Compostela sabemos que ningunha avaría é igual á outra. É por iso que ofrecemos aos nosos clientes reparacións de calidade e resultado de todos os servizos de reparación que realizamos. Garantimos a calidade e o resultado de todos os servizos de reparación que facemos!